Umbrüche gestalten: Germanistik in bewegter Zeit
Internationale Konferenz

13.-16. September 2017, Santiago de Compostela, Spanien

Exposición: "O ceo de España" — Voluntarios austríacos nas Brigadas Internacionais


"O ceo de España desprega as súas estrelas sobre as nosas trincheiras", deste xeito comeza Die Thälmann-Kolonne, título da canción dedicada á Centuria Thälmann na que loitaron os primeiros austriacos que viñeron a España ao pouco de estalar a Guerra Civil. En total ían ser ao redor de 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que consideraron que "a súa patria estaba ante as portas de Madrid".

Moitos destes brigadistas participaran no Levantamento Austríaco do 12 de febreiro de 1934 e tiveran que fuxir primeiro do goberno fascista austríaco e despois do nacionalsocialismo. Todos eles trataron de combater ao fascismo que asolagara non só o seu país senón gran parte de Europa e defendendían á República Española que prometera procurar un mundo máis libre, máis igual e máis xusto. 235 combatentes perderon a vida en España, 84 morreron no exilio ou en campos de concentración, onde foron internados polo nazis.

A exposición, composta por documentos e outros obxectos, mostra o periplo vital das e dos brigadistas de orixe austríaco e recrea así mesmo, algúns dos acontecementos máis señeiros da historia do século XX. Retrátanse os seus camiños desde Austria a España, os lugares nos que loitaron nas filas das Brigadas Internacionais, os seus labores no Servizo Sanitario, a súa saída de España en febreiro de 1939 e o seu subseguinte paso polos campos de internamento franceses, a súa estadía nos campos de concentración alemáns, a súa participación na resistencia antifascista e as súas vidas unha vez finalizada a Segunda Guerra Mundial.

Esta exposición, preparada pola Fundación Pablo Iglesias en colaboración co Österreichischen Kulturforum, forma parte dun proxecto internacional que se inaugurou en mayo de 2016 cunha exposición no Landhaus Feuerlöscher en Prenning, Graz (Austria) e un Simposio Internacional sobre a participación dos austríacos na Guerra Civil española que tivo lugar en outubro de 2016 no Museo de Graz cuxos resultados publicaranse a finais de 2017.

A exposición basease fundamentalmente no material que recolleron os propios brigadistas austriacos tras a volta ao seu país, que foi ordenado, corrixido e ampliado por Hans Landauer e que hoxe en día pode consultarse no Spanienarchiv do Dokumentationsarchiv des österreichischen Widerstandes (Arquivo de documentación da resistencia austriaca), de Viena. Para esta exposición incluíronse ademáis documentos doutros arquivos privados.

O escritor austríaco Erich Hackl presentará na súa lectura o retrato literario de Hans Landauer, titulado "Stille Post für Spanien", publicado no libro "In fester Umarmung" (1996). Hackl, autor de varias obras sobre os voluntarios austríacos das Brigadas Internacionais publicou conxuntamente con Hans Landauer o "Lexikon der österreichischen Spanienkämpfer 1936-1939" (Lexico dos brigadistas austríacos en España 1936-1939) (2003, Theodor Kramer).
Tamén adicou un retrato literario a outro voluntario, Ferdinand Hackl, "Anprobieren eines Vaters; zugleich etwas über Kindheit", publicado no libro "Anprobieren eines Vaters. Geschichten und Erwägungen" (2004).
Por outra banda, na súas obras "A boda de Auschwitz" (2002) e "Boceto dun amor a primeira vista" (1999) relata dúas historias de amor. Na primeira trata a historia de Rudi Friemel, outro brigadista austríaco que durante a súa estadía en España coñece á española Margarita Ferrer coa que iniciuou unha relación. Obligados a separarse polos acontecimentos posteriores, puideron finalmente -en medio de circunstancias imposibeis- legalizar a súa relación a través dunha boda celebrada no campo de concentración de Auschwitz. En "Boceto dun amor a primeira vista" relata a historia de amor entre o brigadista austríaco Karl Sequens e a española Herminia Roudière Perpiñá, que tamén termina tráxicamente.

Agradecemos á Fundación Pablo Iglesias, ao Dokumentationsarchiv des österreichischen Widerstandes, ao Spanienarchiv e á Vereinigung österreichischer Freiwilliger in der Spanischen Republik 1936-1939 a concesión gratuíta das fotografías e dos documentos. Asimesmo, agradecemos ao Foro Cultura Austríaco de Madrid a súa colaboración.
© Spanienarchiv del Dokumentationsarchivs des Österreichischen Widerstandes.

A exposición organízase en colaboración con:
Verein prenninger gespräche, Graz;
Foro Cultural de Austria en Madrid
Vereinigung österreichischer Freiwilliger in der Spanischen Republik 1936- 1939, Viena
Sammlung Christof Kugler, Archiv zum Spanischen Bürgerkrieg, Frankfurt am Main
Asociación dos Amigos das Brigadas Internacionais, Madrid
CLIO, Verein für Geschichts- und Bildungsarbeit, Graz
Fundación Pablo Iglesias, Madrid
Universidade de Alcalá de Henares
Universidade de Santiago de Compostela



Flagge der Interbrigaden Bandeira das Brigadas Internacionais

Horario

14 de setembro - 31 de outubro 2017
09:00 a 21:00 h de luns a venres (festivos pechado)

Inauguración

14 de Setembro, 2017
Claustro Alto do Pazo de Fonseca, Santiago de Compostela
19:00 Lectura do escritor Erich Hackl
20:00 Georg Pichler, comisario da exposición


Pazo de Fonseca Pazo de Fonseca