Umbrüche gestalten: Germanistik in bewegter Zeit
Internationale Konferenz

13.-16. September 2017, Santiago de Compostela, Spanien

Exposición: "O ceo de España" — Voluntarios austríacos nas Brigadas Internacionais


Kämpfer des Bataillons 12. Februar nahe Batea, März-April 1938

14 de Setembro de 2017
Pazo de Fonseca, Salón Noble
Santiago de Compostela

19:00 Lectura do escritor Erich Hackl
20:00 Inauguración e viño de honor

Sra. Concelleira de Igualdade, Santiago de Compostela
Sra. Vicerreitora de Investigación, USC
Prof. Georg Pichler, Comisario da Exposición

Horario

14 de setembro de 2017 - 31 de outubro de 2017
09:00 a 21:00 h de luns a venres (festivos pechado)
Salón Noble do Pazo de Fonseca




    Voluntarios do Batallón 12 de Febreiro perto de Batea, marzo-abril 1938.
    © Spanienarchiv del Dokumentationsarchivs des Österreichischen Widerstandes.

No marco do Congreso Xestionar as convulsións: A Xermanística en tempos de mudanza, vaise inaugurar a exposición "O ceo de España" - Voluntarios austríacos nas Brigadas Internacionais , que se exhibirá ata o 31 de outubro de 2017 no Claustro Alto do Pazo de Fonseca. Esta exposición foi preparada pola Fundación Pablo Iglesias en colaboración co Foro Cultural de Austria (Österreichischen Kulturforum).

A exposición, con máis de 300 debuxos, documentos e outros obxectos, mostra una estampa da vida dos brigadistas de orixe austríaco e ilustra, así mesmo, algúns dos acontecementos máis señeiros da historia do século XX. Na primeira parte da exposición preséntase unha biografía colectiva destes voluntarios, dende a década de 1930 até o final da Segunda Guerra Mundial, en tanto que na segunda parte faise fincapé nas peripecias vitais de once brigadistas e no papel das mulleres austríacas no seo das Brigadas Internacionais.

Na súa lectura o coñecido escritor austríaco Erich Hackl, autor xunto con Hans Landauer dun léxico de brigadistas austrícacos, presentará un retrato literario de Hans Landauer, quen foi tamén, ademáis de brigadista él mesmo, recolector de moitos dos documentos da exposición.

No acto de inauguración participarán a Sra. Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Dona Marta Lois, a Sra. Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dona Mª Dolores Álvarez Pérez. e o comisario da exposición, Prof. Georg Pichler.

Ler máis